xoves, 22 de decembro de 2016

Bo Nadal e felices festas!!


...E acabouse este primeiro trimestre. Agora a coller folgos para voltar con máis gañas e forzas. Boas vacacións a todos e ata o próximo día 9 de xaneiro do 2017!!!


Recomendacións lectoras para o Nadal!


Aqui vos deixo o díptico que fixeron dende a nosa biblio, e que os nenos e nenas levaron, para que poidades pasar unhas vacacións de lecturas emocionantes e divertidas!
Non esquezaces ler un un pouco tódolos días.

E non deixedes de visitar o noso blog e tamén os do cole: a biblio, dinamización da lingua, o noso proxecto "Mans de Terra" e o deportivo tamén. 

martes, 20 de decembro de 2016

Facendo logos cos alumnos de 6º de primaria!



 A pesar de que a nosa biblio non ten libros, xa que estará en reformas, podemos facer outras actividades. 
Como as que nos propuxeron os alumnos de 6º de primaria. Ensináronos a facer logos, moi chulos que fomos debuxando en papel. 
Algúns de nós puidemos disfrutar desta divertida actividade.









             
      
                                     

A biblio de reformas!!

 

A biblio está en reformas, e estará nestes días de vacacións sen libros. Cando regresemos das nosas vacacións de Nadal, igual notaremos algo distinto. Pero non vou a dicir nada, invítovos a que, no regreso, o vexades por vós mesmos e o comprobedes. 


luns, 19 de decembro de 2016

Hoxe fixemos unha actividade para ver se nos coñecemos ben!





                                                


 


Hoy recibimos una sorpresa desde Colombia!!

Hoy nos ha llegado unas fotografías de los niños y niñas que, desde la localidad colombiana de Cartago, han estado leyendo las cartas que nosotros les hemos escrito. También hemos recibido un breve video de saludo por parte de todos ellos. 

Os dejamos aquí, el resto de fotografías que nos han enviado donde se ven a todos los niños y niñas leyendo sus cartas y elaborando las suyas que pronto tendremos con nosotros. 

GRACIAS POR LAS CARTAS!!









sábado, 17 de decembro de 2016

Identifican un cetáceo en Galicia de hai 8 millóns de anos!

Esta noticia é importante por partida dobre. 
Por un lado o achado dunha nova especie de cetáceo en Galicia, de por sí, e unha nova importante. Por outro lado, a persoa que o fixo foi compañeiro meu na Universidade. Tócame entón, felicitar dende aquí a Ismael Miján, por este traballo de investigación que levou a cabo durante estes últimos anos. Beneziphius cetariensis, en honra a Cedeira. 
Entra na noticia e bótalle unha ollada. 

xoves, 15 de decembro de 2016

A sementar noces!

 Hoxe foi un día especial, porque os alumnos e alumnas que tiveron a sorte de que lles xerminara a noz puideron sair ao patio e cultivalas nos parterres. Ao lado da casa do conserxe. 


martes, 6 de decembro de 2016

As inundacións. Que son, por qué se producen??


Estos días estamos a ver que no sur da Península Ibérica e na costa mediterránea que están sendo afectados polas inundacións, choivas intensas que provocan que as augas inunden as rúas, as casas e locais comerciais dalgunhas cidades. Preme no título desta entrada para ler sobre as inundación. 

domingo, 4 de decembro de 2016

xoves, 1 de decembro de 2016

Está chegando o tempo de Nadal!


 Hoxe, as nais da ANPA do cole estiveron traballando arreo para preparar o Belén! E deixar o cole decorado para a chegada do tempo de Nadal.  Tivemos a oportunidade de sacar algunhas fotos para ver como foi quedando. Está en fronte ao mural de "Semillas para el cambio", así que, se lle botades un ollo ao mural non deixedes de botarllo ao Belén. De seguro que vos vai gustar.

Mural adicado a Semillas para el Cambio!!


Hoxe as aulas de 5º de primaria axudamos a decorar o murar que o cole está a elaborar con relación á ONG "Semillas para el cambio" e o proxecto deste ano "Mans de Terra".  Podedes pasar e botarlle unha ollada, e ver que ben nos está a quedar. 

mércores, 30 de novembro de 2016

Os traballos voluntarios valen a pena!

Marta e Alberte fixeron un traballo sobre o Sistema Solar, e cando o foron deixar á biblio  serviu para que os nenos e neas de Infantil puideran interesarse pola Lúa e o Sol! E o resto de planetas. Aquí podedes ver o link da biblio do noso cole para ver esta nova. 


De volta na aula de informática!


Hoxe, visitamos a aula de informática por segunda vez neste curso (espero que non sexa a última) para indagar sobre as fraccións e a súa relación cos xeroglíficos exípcios. Que atoparían sobre esto? Saberemos algo máis durante os próximos días, e entreguen os seus informes. Por esto, non deixedes de visitarnos.