Pois hoxe fomos de viaxe a Pontevedra para ver unha obra de teatro en Inglés. Eu, a verdade, non me enterei de nada pero os alumnos e alumnas seguro si e ademáis pasárono moi ben!! Incluso participaron subindo ao escenario!!
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 26 de xaneiro de 2017
martes, 20 de decembro de 2016
Facendo logos cos alumnos de 6º de primaria!
A pesar de que a nosa biblio non ten libros, xa que estará en reformas, podemos facer outras actividades.
Como as que nos propuxeron os alumnos de 6º de primaria. Ensináronos a facer logos, moi chulos que fomos debuxando en papel.
Algúns de nós puidemos disfrutar desta divertida actividade.
luns, 19 de decembro de 2016
luns, 5 de decembro de 2016
domingo, 4 de decembro de 2016
Quilómetros de Solidariedade!!
Un ano máis colaborando coa Fundación Save de Children, o CEIP Valle-Inclán de O Grove organiza unha carreira solidaria no patio do colexio.
Será o día 9 de Decembro se o tempo o permite e aproveitaremos este evento para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos.
Podedes consultalo premendo no enlace ao blog da biblio do cole
Será o día 9 de Decembro se o tempo o permite e aproveitaremos este evento para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos.
Podedes consultalo premendo no enlace ao blog da biblio do cole
venres, 2 de decembro de 2016
xoves, 1 de decembro de 2016
Está chegando o tempo de Nadal!
Hoxe, as nais da ANPA do cole estiveron traballando arreo para preparar o Belén! E deixar o cole decorado para a chegada do tempo de Nadal. Tivemos a oportunidade de sacar algunhas fotos para ver como foi quedando. Está en fronte ao mural de "Semillas para el cambio", así que, se lle botades un ollo ao mural non deixedes de botarllo ao Belén. De seguro que vos vai gustar.
Mural adicado a Semillas para el Cambio!!
Hoxe as aulas de 5º de primaria axudamos a decorar o murar que o cole está a elaborar con relación á ONG "Semillas para el cambio" e o proxecto deste ano "Mans de Terra". Podedes pasar e botarlle unha ollada, e ver que ben nos está a quedar.
mércores, 30 de novembro de 2016
Os traballos voluntarios valen a pena!
Marta e Alberte fixeron un traballo sobre o Sistema Solar, e cando o foron deixar á biblio serviu para que os nenos e neas de Infantil puideran interesarse pola Lúa e o Sol! E o resto de planetas. Aquí podedes ver o link da biblio do noso cole para ver esta nova.
De volta na aula de informática!
Hoxe, visitamos a aula de informática por segunda vez neste curso (espero que non sexa a última) para indagar sobre as fraccións e a súa relación cos xeroglíficos exípcios. Que atoparían sobre esto? Saberemos algo máis durante os próximos días, e entreguen os seus informes. Por esto, non deixedes de visitarnos.
xoves, 24 de novembro de 2016
Hoxe visitounos unha ONG!! Bota unha ollada!
Hoxe visitounos a ONG chamada Semillas para el cambio, e que nos falou do lugar onde traballa ( A India) e que actividades realizan cos nenos e nenas de A India e coas mulleres. Ensinaron cousas feitas por eles, que serven para que recauden algún diñeiro para poder invertilo nesta mesma comunidade! Podes botarlle unha ollada na súa páxina web (que podes clicar neste mesmo fío). Para rematar a súa charla, agasalláronos con unhas chapas moi chulas que nós mesmos decoramos.
venres, 18 de novembro de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















































