sábado, 11 de febreiro de 2017

11 de febreiro. Día Internacional da Muller en Ciencia. Doña Angelita

Doña Angelita, como era coñecida na súa terra.

Foi unha mestra e inventora nacida en 1895 en Villamarín, provincia de León, aínda que pasou a súa maior parte en Ferrol.

Inventou o libro electrónico, que anticipa en 1949 a idea do e-book.

11 de febreiro. Día Internacional da Muller en Ciencia. Sofía Novoa

Sofía Novoa, a música da xeración do 27. 

Naceu en Vigo no ano 1902, foi unha musicóloga brillante, viviu na residencia de señoritas e rematou no exilio como catedrática en Nova York. 

11 de febreiro. Día Internacional da Muller en Ciencia. Ángeles Alvariño.

Ángeles Alvariño, unha ferrolá pioneira no mundo da Oceanografía. 

Esta muller científica que dá nome as bolsas postdoc descubriu 22 especies de criaturas mariñas.

A pesar de que morreu no ano 2005, Ángeles Alvariño segue a navegar, porque dá nome a un buque oceanográfico , como tantos nos que se embarcou ao longo da súa carreira. 
Oceanógrafa, profesora e mesmo escritora, deixou fonda pegada polos seus traballos. 

mércores, 8 de febreiro de 2017

Novamente na aula de Informática!

Desta vez fomos a aula de informática para indagar sobre diferentes cuestións a tratar sobre a unidade de Naturais que fala sobre a función de relación e os diferentes sentidos.

mércores, 1 de febreiro de 2017