mércores, 30 de novembro de 2016

Os traballos voluntarios valen a pena!

Marta e Alberte fixeron un traballo sobre o Sistema Solar, e cando o foron deixar á biblio  serviu para que os nenos e neas de Infantil puideran interesarse pola Lúa e o Sol! E o resto de planetas. Aquí podedes ver o link da biblio do noso cole para ver esta nova. 


De volta na aula de informática!


Hoxe, visitamos a aula de informática por segunda vez neste curso (espero que non sexa a última) para indagar sobre as fraccións e a súa relación cos xeroglíficos exípcios. Que atoparían sobre esto? Saberemos algo máis durante os próximos días, e entreguen os seus informes. Por esto, non deixedes de visitarnos. 







martes, 29 de novembro de 2016

A Ong: Semillas para el Cambio!!


 Podedes consultar a súa páxina web neste mesmo blog, se vos dirixides á columna da dereita e clicades en Semillas para el Cambio, en webs interesantes.

 

xoves, 24 de novembro de 2016

Hoxe visitounos unha ONG!! Bota unha ollada!


Hoxe visitounos a ONG chamada Semillas para el cambio, e que nos falou do lugar onde traballa ( A India) e que actividades realizan cos nenos e nenas de A India e coas mulleres. Ensinaron cousas feitas por eles, que serven para que recauden algún diñeiro para poder invertilo nesta mesma comunidade! Podes botarlle unha ollada na súa páxina web (que podes clicar neste mesmo fío). Para rematar a súa charla, agasalláronos con unhas chapas moi chulas que nós mesmos decoramos. 

2ª tanda da revista O Papagaio!!


   A segunda edición da revista O Papagaio xa está aquí, e podedes consultala se clicades neste fio, ou neste mesmo blog, na columna da dereita onde están as webs que seguimos. A disfrutar da lectura!!

mércores, 23 de novembro de 2016

O terremoto de Nova Zelandia eleva o fondo mariño case que 2 metros!!!

O fondo mariño elevado case que 2 metros


O fondo mariño foi elevado case que 2 metros a causa do terremoto ocorrido nas costas de Nova Zelandia, Clica no enlace que tes enriba deste video para ler a noticia. O video está en inglés, pero as imaxes axudan a ver como quedou o terreo e a capacidade que ten a natureza de modificar o terreo.

venres, 18 de novembro de 2016

mércores, 16 de novembro de 2016

Marte!

                                     

 

                                 



                            

Esta semana está de moda Marte, porque o canal de National Geographic acaba de estrear unha serie ambientada neste planeta, fala da posibilidade de que o ser humano acabe colonizando o planeta. Neste mesmo blog, podedes acceder a unha web feita para seguila (está dentro das webs que seguimos). Inclúe xogos e videos onde se ven os protagonistas.

Fixemos algo con noces, pero non sabemos que pasará despois!

          

Hoxe viñeron a darnos unha visita varios alumnos de 6º a explicarnos como se cultiva unha noz, pero só a mollamos e a metimos nos tuppers que trouxemos. O que aconteza despois xa o iremos vendo...