venres, 28 de outubro de 2016

O proxecto Elisa



Proxecto Elisa

A Unidade de Investigación en Prevención e Tratamento dos Problemas de Conduta da USC (Udipre) inicia estas semanas un novo proxecto destinado a examinar o desenvolvemento psicosocial dos nenos desde os primeiros anos de escolarización. Nel colaboran investigadores de diferentes universidades europeas para coordinar esforzos na comprensión do desenvolvemento persoal e social desde a nenez e ao longo do tempo.

A vacaloura, en perigo!!

A vacaloura en perigo

A vacaloura, un insecto que calquera dos nosos pais, nais, avós e avoas recordarán na súa infancia e que hoxe en día botamos en falta nos nosos campos e montes.

Así quedou o noso pasadizo!



Todo o que se estivo creando na aula de plástica acabou nestas lanternas que quedaron alumeando o noso pasadizo que nos leva á nosa aula. Espero que o próximo día poidamos levalas con nós para a nosa casa.

xoves, 27 de outubro de 2016

Outra foto antiga!

.      

O profe Javier atopou outra foto antiga dunha das rúas de O Grove.
A ver se sabedes que rúa é? Vamos, que esta é fácil!!

Xornada de portas abertas!

                                            


Así comezou o concurso de postres terroríficos no día de portas abertas na biblio do cole. Houbo postres moi ricos, riquísimos e incríblemente ricos. Todos os que puideron degustalos votaron ao máis e mellor. 

                                                       


E así quedou todo despois da degustación.

                                                          
 


Que ben o pasamos!! 

mércores, 26 de outubro de 2016

As fases da Lúa!

Cando é cuarto crecente






Cuarto creciente es una de las fases que tiene la luna, y dada la importancia que muchas personas le dan a esta, ya que se suele relacionar con determinadas creencias, es importante saber cuándo se produce, y a qué se debe. A continuación os explicamos cuándo es cuarto creciente 2017.

Creo que xa está!

                      


 Xa está todo listo para que o visitedes, e poderedelo facer maña pola tarde a partires das cinco, porque ademais será a presentación do nome da nosa nova mascota e poderáse degustar os doces que entrarán no concurso. Aquí vos deixo info sacada do blog da biblio:

Xornada de portas abertas na biblioteca.
O día 27 de Outubro, con motivo do día das bibliotecas, invitámosvos a asistir a unha xornada de portas abertas na biblioteca do centro. Esta xornada terá lugar ás 17 horas e haberá as seguintes actividades:
- Concurso de postres terroríficos con produtos do outono (noces, castañas, figos, millo, cabaza, setas…) As familias que queiran participar traerán o seu postre cun título.
-Actuacións do alumnado: Canción do Outono e Contacontos “ A castaña que reventou coa risa”
-Presentación do proxecto “Mans de Terra” e do nome gañador para a mascota.
-Degustación dos postres e votación dos asistentes.
-Entrega de premios do concurso.










martes, 25 de outubro de 2016

Newton e o tesouro de Vigo



Newton e o tesouro de Vigo

Quince anos despois de publicar os seus 'Principia Mathematica', o científico inglés contabilizou a prata da batalla de Rande.


Consello: Como soarse o nariz


Xa está case todo preparado!!!


 Esta semana o cole ten unha apariencia máis tenebrosa do habitual. E estade atentos, porque o xoves hai un concurso de postres. Pero é pola tarde na biblio. Tamén se fará a presentación do nome da nosa mascota. Cal gañaría?? VIDE, será as 5 da tarde.


luns, 24 de outubro de 2016

xoves, 20 de outubro de 2016

Unha imaxe antiga de O Grove! A que non sabedes que edificio é?


Esta fotografía do concello de O Grove foi atopada polo profe Javier. Seguro que vós non o sabedes pero quizais os vosos pais ou avós saben onde ubicar esta imaxe. A ver se acertades que edificio é e o ano da súa captura!?

mércores, 19 de outubro de 2016

Somos un gran miúdo no medio do Universo!

Aínda que o video está en inglés, podemos observar o tamaño do noso planeta Terra co resto de planetas, a distancia entre a noso satélite, a Lúa, e o noso Sol con respecto a outras estrelas moito máis grandes ca el. É increible o miúdos que somos.

martes, 18 de outubro de 2016

Viaxe a Pontevedra!

                                              


                                                 


                                                 

Hoxe viaxamos ao auditorio de Abanca para ver unha obra de teatro e tamén aproveitamos para visitar o café teatro e que nos desen unha charla sobre arquitectura!



sábado, 15 de outubro de 2016

O Papagaio, un xornal para nós

Nace un xornal para nós.

O Papagaio, será un xornal mensual dirixido a alumnos e alumnas de primaria e secundaria. Estará publicado en rede e poderemos consultalo neste mesmo blog, dirixíndose á columna da dereita onde están as nosas webs interesantes.
A ler!!!

xoves, 13 de outubro de 2016

A nova mascota


Este é a nova mascota do cole, vainos acompañar durante este ano e estamos a buscarlle nome. Nós, @s alumn@s de 5º A decidimos que se chamase Mr. Palla, pero para eso temos que acudir a un dos blogs do cole chamado Mans de Terra, que podedes atopar neste mesmo blog e votar na enquisa e elexir o noso nome. A que esperades, quedan poucos días!!!Mans de Terra

Interesantes videos sobre o Universo, os planetas e máis cousas.





Algúns videos sobre as plantas. Mirádeos, son interesantes!!









O noso primeiro día na Biblio

                                                                                                     




             


Aqui estabamos o primeiro día na biblio investigando sobre os planetas: planetas ananos, planetas exteriores, planetas interiores...