venres, 28 de outubro de 2016
O proxecto Elisa
Proxecto Elisa
A Unidade de Investigación en Prevención e Tratamento dos Problemas de Conduta da USC (Udipre) inicia estas semanas un novo proxecto destinado a examinar o desenvolvemento psicosocial dos nenos desde os primeiros anos de escolarización. Nel colaboran investigadores de diferentes universidades europeas para coordinar esforzos na comprensión do desenvolvemento persoal e social desde a nenez e ao longo do tempo.
A vacaloura, en perigo!!
A vacaloura en perigo
A vacaloura, un insecto que calquera dos nosos pais, nais, avós e avoas recordarán na súa infancia e que hoxe en día botamos en falta nos nosos campos e montes.
Así quedou o noso pasadizo!
Todo o que se estivo creando na aula de plástica acabou nestas lanternas que quedaron alumeando o noso pasadizo que nos leva á nosa aula. Espero que o próximo día poidamos levalas con nós para a nosa casa.
xoves, 27 de outubro de 2016
Outra foto antiga!
O profe Javier atopou outra foto antiga dunha das rúas de O Grove.
A ver se sabedes que rúa é? Vamos, que esta é fácil!!
Xornada de portas abertas!
mércores, 26 de outubro de 2016
As fases da Lúa!
Cando é cuarto crecente
Cuarto creciente es una de las fases que tiene la luna, y dada la importancia que muchas personas le dan a esta, ya que se suele relacionar con determinadas creencias, es importante saber cuándo se produce, y a qué se debe. A continuación os explicamos cuándo es cuarto creciente 2017.
Cuarto creciente es una de las fases que tiene la luna, y dada la importancia que muchas personas le dan a esta, ya que se suele relacionar con determinadas creencias, es importante saber cuándo se produce, y a qué se debe. A continuación os explicamos cuándo es cuarto creciente 2017.
Creo que xa está!
Xa está todo listo para que o visitedes, e poderedelo facer maña pola tarde a partires das cinco, porque ademais será a presentación do nome da nosa nova mascota e poderáse degustar os doces que entrarán no concurso. Aquí vos deixo info sacada do blog da biblio:
Xornada de portas abertas na biblioteca.
O día 27 de Outubro, con motivo do día das bibliotecas, invitámosvos a asistir a unha xornada de portas abertas na biblioteca do centro. Esta xornada terá lugar ás 17 horas e haberá as seguintes actividades:
- Concurso de postres terroríficos con produtos do outono (noces, castañas, figos, millo, cabaza, setas…) As familias que queiran participar traerán o seu postre cun título.
-Actuacións do alumnado: Canción do Outono e Contacontos “ A castaña que reventou coa risa”
-Presentación do proxecto “Mans de Terra” e do nome gañador para a mascota.
-Degustación dos postres e votación dos asistentes.
-Entrega de premios do concurso.
martes, 25 de outubro de 2016
Newton e o tesouro de Vigo
Newton e o tesouro de Vigo
Quince anos despois de publicar os seus 'Principia Mathematica', o científico inglés contabilizou a prata da batalla de Rande.
Xa está case todo preparado!!!
Esta semana o cole ten unha apariencia máis tenebrosa do habitual. E estade atentos, porque o xoves hai un concurso de postres. Pero é pola tarde na biblio. Tamén se fará a presentación do nome da nosa mascota. Cal gañaría?? VIDE, será as 5 da tarde.
luns, 24 de outubro de 2016
Máis videos sobre plantas!!!
A reprodución das plantas
Clasificación das plantas
A fotosíntese das plantas
xoves, 20 de outubro de 2016
Unha imaxe antiga de O Grove! A que non sabedes que edificio é?
Esta fotografía do concello de O Grove foi atopada polo profe Javier. Seguro que vós non o sabedes pero quizais os vosos pais ou avós saben onde ubicar esta imaxe. A ver se acertades que edificio é e o ano da súa captura!?
mércores, 19 de outubro de 2016
Somos un gran miúdo no medio do Universo!
martes, 18 de outubro de 2016
Viaxe a Pontevedra!
sábado, 15 de outubro de 2016
O Papagaio, un xornal para nós
Nace un xornal para nós.
O Papagaio, será un xornal mensual dirixido a alumnos e alumnas de primaria e secundaria. Estará publicado en rede e poderemos consultalo neste mesmo blog, dirixíndose á columna da dereita onde están as nosas webs interesantes.
A ler!!!
O Papagaio, será un xornal mensual dirixido a alumnos e alumnas de primaria e secundaria. Estará publicado en rede e poderemos consultalo neste mesmo blog, dirixíndose á columna da dereita onde están as nosas webs interesantes.
A ler!!!
venres, 14 de outubro de 2016
Algo se está creando...
xoves, 13 de outubro de 2016
A nova mascota
Este é a nova mascota do cole, vainos acompañar durante este ano e estamos a buscarlle nome. Nós, @s alumn@s de 5º A decidimos que se chamase Mr. Palla, pero para eso temos que acudir a un dos blogs do cole chamado Mans de Terra, que podedes atopar neste mesmo blog e votar na enquisa e elexir o noso nome. A que esperades, quedan poucos días!!!Mans de Terra
O noso primeiro día na Biblio
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)