martes, 31 de xaneiro de 2017
luns, 30 de xaneiro de 2017
Observación de aves na enseada do intermareal Umia - O Grove!
O colectivo ecoloxista de O Salnes convida a todos aqueles que queiran participar na observación e identificación de aves na enseada situada ao outro lado da praia de A Lanzada. Será o sábado 4 de febreiro ás 10 h da mañá, e o encontro será no aparcadoiro da citada praia.
E como din eles, é de balde e podes convidar a quen queiras!
Animádevos a participar, a ver cantas aves seredes capaces de identificar, e cantas veredes por primeira vez.
E como din eles, é de balde e podes convidar a quen queiras!
Animádevos a participar, a ver cantas aves seredes capaces de identificar, e cantas veredes por primeira vez.
xoves, 26 de xaneiro de 2017
Demostración científica da teoría da gravidade de Galileo Galilei
A teoría da gravidade de Galileo Galilei dicía que calquera corpo, independientemente do peso que tivese, sen a oposición do aire, caería á mesma velocidade. Na súa época, na Idade Media, era imposible comprobar dita teoría, aínda que el o fixo lanzando diferentes obxectos dende o alto da torre de Pisa.
Hoxe, grazas as novas tecnoloxías científicas podemos comprobar como unha pluma e unha laranxa poden caer, sen resistencia do aire, á mesma velocidade. Que marabilla!!
Viaxe ao teatro!
Pois hoxe fomos de viaxe a Pontevedra para ver unha obra de teatro en Inglés. Eu, a verdade, non me enterei de nada pero os alumnos e alumnas seguro si e ademáis pasárono moi ben!! Incluso participaron subindo ao escenario!!
luns, 23 de xaneiro de 2017
sábado, 21 de xaneiro de 2017
Confirmado: O ano 2016 foi o máis cálido dende o ano 1880!
A temperatura promedio mundial en 2016 foi a máis alta dende que se iniciaron os rexistros en 1880, segundo os científicos da NOAA (National Oceanic and Atmospheric Administration), rexistrándose así oito meses consecutivos récord de xaneiro a agosto.
Concretamente, a temperatura promedio a través das superficies terrestres e oceánicas globais foi de 0.94 ºC por enriba do promedio do século XX de 13,9 ºC. En resumo, superouse o récord alcanzado o ano 2015 por 0.04 ºC.
Plutón leva o nome grazas a unha nena de 11 anos!
Plutón foi descoberto o 18 de febreiro do ano 1930 polo astrónomo estadounidense Cly William Tombaugh dende o Observatorio Lowell en Flagstaff, Arizona, e foi considerado o máis pequeno planeta do sistema solar pola Unión Astronómica Internacional.
Plutón leva o nome grazas a unha nena de 11 anos, que agora con 89 anos, tivo a sorte de velo por primeira vez. E ti, que nome lle porías??
mércores, 18 de xaneiro de 2017
luns, 16 de xaneiro de 2017
venres, 13 de xaneiro de 2017
luns, 9 de xaneiro de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)