mércores, 8 de marzo de 2017

Novidades: Apertura da Biblio e novidades co pasaporte lector.

Como xa sabedes a biblioteca xa está en funcionamento de novo. Xa se poden facer préstamos e devolucións. Agora tedes o programa Meiga no ordenador novo que está enriba da mesa do profe. Abrides coma sempre na icona da curuxa que está no escritorio do ordenador e aparecerá unha xanela advertindo que non se puido facer a conexión coa mensaxería. Só tedes que darlle a aceptar e xa se abre o programa coma sempre. A carpeta coas instrucións estará sempre enriba da mesa ó lado do ordenador. O selo debe gardarse sempre no primeiro caixón.

Recordar as normas de colocación dos libros. As estanterías teñen unha etiqueta na parte superior que indica a cor e número da CDU que corresponde co tello do libro. 
Os libros de contos teñen na parte superior do tello a cor da estantería (azul, colorado ou verde), non o confundades coa cor azul que algúns teñen na parte inferior do tello (esto indica que o libro está escrito en galego).
Os libros informativos non teñen ningunha cor. Só hai que fixarse no número.

NOVIDADES en canto ao PASAPORTE LECTORPremios á mellor crítica.
A partires de 3º de Ed. Primaria, para ter dereito ao premio, o alumnado selará un mínimo de 5 libros e terá que entregar unha crítica sobre os libros que considere no buzón que poremos na biblioteca para esta actividade. O equipo de biblioteca revisará as críticas dos libros e as expoñerá nun taboleiro para que todos poidan lelas e servirán como recomendacións de libros entre o alumnado.É importante que non desveledes o final do libro, só que dedes a vosa opinión. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario